Compilar automáticamente ficheiros Less

Na actualidade xa existen moitas ferramentas e IDE que compilan os ficheiros Less, Coffescript, e outros preprocesadores de CSS/JS, pero sempre está ben ter a opción dos métodos manuais aos que botar man en caso de necesidade. Imos ver unha forma de compilar automáticamente os ficheiros Less cada vez que se fai un cambio no ficheiro (tamén se pode aplicar para Coffescript).

Partimos dunha instalación de nodejs, no caso de ubuntu a instalación non é moi complexa:

sudo apt-get update
sudo apt-get install python-software-properties python g++ make
sudo add-apt-repository ppa:chris-lea/node.js
sudo apt-get update
sudo apt-get install nodejs

Unha vez instalado nodejs empregamos o seu xestor de paquetes para instalar lessc e watch-compile:

sudo npm -g install less
sudo npm install -g watch-compile

Unha vez instalados os dous paquetes situámonos nun directorio con ficheiros Less que queiramos compilar. Creamos un ficheiro de configuración para watch-compile executando o seguinte comando:

watchcompile -c

Este comando xera un ficheiro Watchfile coas regras que empregará watch-compile para atopar os ficheiros a compilar e o comando correspondente a empregar. Se lle botamos unha ollada ao ficheiro vemos que está preparado para coller os ficheiros con extensión ".less" e compilalos a ".css". Tamén contén unha regra para os ficheiros Coffescript, e vendo a sintase pódese aproveitar para configurar outros preprocesadores. Agora só queda lanzar o proceso que observará os cambios nos ficheiros (para rematar ^C).

watchcompile -f Watchfile -i 300

Aparecerá unha consola que irá mostrando as operacións que vai procesando. Xa podemos probar a modificar o contido dun ficheiro Less e ver como automáticamente aparece o ficheiro CSS.

Última actualización 2013-10-26
2:44 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2013-10-26
2:32 AM (Europe/Madrid)
Compiling Less files with watch-compile automatically
javascript nodejs

Relacionados