Actualizado: Rescatando FirefoxFalaGalego, agora empregando Google Tradutor

Actualizado a versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase

Un pouco farto de que deixase de funcionar e/ou mudasen de enderezo o servizo de opentrad, decanteime por empregar unicamente o servizo de Google como motor de tradución do FirefoxFalaGalego.

Outra historia é a política de publicación de Mozilla, que non me parece que estea mal, soamente que me resta tempo para simplemente publicar un add-on. Co cal deixo dispoñible dende esta web o ficheiro xpi para o seu uso baixo a responsabilidade de cada un.

» Descargar (versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase).

O seu funcionamento segue sendo igual ca sempre, inda que agora temos os pares de tradución EN-ES, ES-EN, GL-EN e EN-GL.

Ctrl + G

Última actualización 2009-11-26
3:21 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2009-11-24
8:50 PM (Europe/Madrid)