Crea un proxecto HTML5 en 15 segundos

Initializr é un asistente que facilita a creación de plantillas HTML5. O asistente permite escoller se a plantilla incluirá contido, que librerías de javascript incluir (jQuery, modernizr, html5shiv, ...), ficheiros de configuración do lado servidor (.htaccess, web.config ou nginx.conf), si se inclúe código de seguemento (google analytics),...

Despois de escoller as nosas preferencias e premer en Download, descargarase nun zip unha plantilla moi útil para comezar a traballar cun código HTML5. O código está moi limpo e coidado, e os engadidos coma o ficheiro .htaccess ten en conta moitos aspectos que mellorarán o comportamento do servidor, só basta botarlle unha ollada:

Última actualización 2012-07-26
1:26 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2011-06-21
7:48 PM (Europe/Madrid)
Plantilla HTML5
html5 initializr