CDWA, un curso para desenvolvedores web


O pasado ano fun alumno do "curso de desarrollo web avanzado" (CDWA) da Universidade Jaume I. Un curso para ter o título de especialista en desenvolvemento web que a verdade, ademáis de obter a titulitis, estivo moi ben.
As razóns que me levaron a matricularme no curso foron: a posibilidade de que fose online, o custo do curso non é desorbitado, ... e principalmente o temario.

Ademais engadir que todo o material e as explicacións sempre tiveron en conta as solucións baseadas en software libre ou en código aberto; NON apareceron módulos para aprender a usar software privativo. Os mestres ademais animaban aos alumnos a empregar GNU/Linux para desenvolver as prácticas. Por estas razóns fago publicidade, de balde, do curso.

Outro curso que ten moi boa pinta é o "Módulo web" do Máster de Software Libre de Caixanova. Un módulo no que se verá: PHP (TYPO3), Java (ZK), Python (django), Ruby (on Rails), ... Persoalmente paréceme un acerto que a metodoloxía deste módulo teña unha forte compoñente práctica, xunto cun profesorado con experiencia do que fala.

Última actualización 2013-07-30
2:19 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2010-01-10
11:00 PM (Europe/Madrid)
Curso desarrollo web avanzado CDWA
certification html5 enxeñeria informática zendframework java spring